
Buscamos e realizamos a tramitación das subvencións aplicables con prazos abertos neste momento. Tamén nos ocupamos do rexistro da instalación ante A Xunta e O Concello.


ADMINISTRACIÓN
A nosa primeira tarefa é asesorarche na elección do mellor sistema segundo as características do espazo a climatizar, as necesidades enerxéticas e as circunstancias. Para iso, realizamos un estudo personalizado e ofrecemos diferentes alternativas en tecnoloxías e custo. Con honestidade e transparencia propoñemos e ti decides.


CONSULTORÍA
Realizamos a instalación e as reformas relacionadas que nos encargamos no tempo e prazo que acordemos con vostede. Sabemos o importante que é para ti (e para nós!) sincronizar as tarefas que culminan coa finalización e entrega da instalación. Dende aquí só tes que disfrutalo!


INSTALACIÓN
Como confiamos na calidade do noso traballo, queremos ampliar as nosas tarefas responsabilizándonos do mantemento da instalación mentres queira seguir confiando en nós. Ademais da garantía dos equipos instalados e dos traballos realizados, ofrecémosche un servizo de mantemento gratuíto durante o primeiro ano.




